Para os políticos do Carballiño

27, Outubro 2020

Señores políticos do Carballiño, a nivel autonómico e xa non digamos nacional vaia nivel de ineptitude que nos están dando, pero parece que vostedes non queren quedarse atrás. Expliquennos qué razóns hai para impedir a venta o aire libre un dia de feira con espacio de sobra, o único que favorecen son as agloremaciós nos poucos sitios que continúan abertos. Hai moita xente que coida durante todo o ano as flores para vendelas nesta feira e agora ¿qué? ¿que fan con elas? ¿comelas? e ten máis risco ir buscar unha ración de pulpo para levar a casa nunha pulpeira o aire libre, ca ir recoller un encargo a un restaurante? ¿consideran vostedes que hai risco de contaxio nas terrazas, parécelles normal que teñan asi á hostelería ? Non entendo nada, paren xa de fastidar á xente que o único que queremos é subsistir, eso é o que queremos, non e o traballo un dereito ? deixennos traballar e quedense coas súas axudas, que non as necesitamos. Emilio.