Parabéns Maside: A planta de "reciclaxe" de neumáticos xa é unha realidade

3, Abril 2018

A nova ubicación, o Costado, a escasos 40 metros da Rañoa foi unha gran elección. Esta planta punteira e referente en toda a contorna (tiña moitas noivas que a desexaban) é intensiva en traballadores e en I+D+i. Os traballadores subvencionados pola xunta, máis a concelleira que cobra por adicación parcial, fan os seus pinitos científicos, e a ínclita concelleira exerce sobre unha traballadora a comanda de practicar o pioneiro sistema de queimar os rastroxos (e outros compoñentes) plantando lume á gasolina coa mala sorte de que o lume fixo reventar a lata de gasolita con queimaduras serias para a traballadora. Pero abofé que non foi mala fe da concelleira, e todo sexa polo ben da Ciencia.

Este é o estado actual desta porcallada. Deste atentado contra o medio ambiente. No corazón de Maside. Nun espazo do que todos os masidaos estamos namorados.

¿E qué di a oposición? Eu penso que debemos ser pacientes. Os do PP de Maside deben andar moi atareados deliberando sobre a ignominia de que non lles poñen os plenos os mércores, ou quizáis deben estar a rematar o Traballo de Fin de Máster.