Paxina Web municipal

18, Setembro 2010

Gustaríame saber a opinion da xente en canto a nova paxina web do Concello.
Despois de meses e meses en OBRAS agora que funciona non hai unha palabra 
sobre as Festas do Setembro.
Nin programación nin nada de nada. O que debería ser a porta de entrada ó 
noso Concello non da un solo dato acerca do que ofrece este pobo nas súas 
Festas Patronais.
Agora ben, fíxadevos ben nas fotos: sexa do que sexa que estén falando 
sempre saen dúas persoas: Sr. Asun e Sr. Dacal. Campaña de imaxe para 
prepararse para as próximas municipais???? Da igual si se fala de Deportes 
ou de Cultura ou de Festas ou do que sexa. Os 2 das fotos sempre son os 
mesmos. Ata vai parecer que fan algo.......bueno, a Asun algo fai.