Penumbra na zona da Veracruz

8, Febreiro 2020

Aínda que estou segura que non é o único sitio que non conta  con alumeado no Carballiño, esta é unha zona que frecuento habitualmente. Non estaría de máis que contara con máis farolas ou que as existentes tiveran máis intensidade.

Considero que se debería revisar o alumeado tanto desta zona como de outras que están afectadas polo mesmo problema, tanto no centro como nas zonas frecuentemente transitadas como por exemplo o parque.