Pois na Lúa debo andar eu

21, Xuño 2018

Son o do da denuncia da moción de Piñor e unha vez escoitado ao líder de Veciños de Piñor, teño claro que a moción vai pra diante. Non sei, penso que estase a cometer un novo erro porque será difícil explicar que fas alcalde a quen che impediu o empadroamento. Será difícil explicar tantos bandazos. O pobo de Piñor votou polo cambio, sería mellor escoitalo de novo nas urnas.

De todolos xeitos entendo algo a situación. Entendo que a actitude do novo alcalde é netamente caciquil e procuro poñerme nos zapatos de VP pra entendelos. Deséxolle sorte a VP e agardo que aten ben por escrito os termos da moción, pra que non lles pase o que lle pasou a Bernardo cos socialistas do Carballiño, e VP acabe sustituindo quen representa unha actitude caciquil por outro que tamén a representa (porque impedir dese xeito un empadroamento non é moi democrático que digamos) e remate diluíndose na irrelevancia política (non quere esto decir que Bernardo pasase a irrelevancia, porque xunto co outro xugón están a facer moi boa labor).

Sorte.