Pois que poñan unha FP de Soldadura no Politécnico

5, Abril 2018

Estou totalmente dacordo co exposto no outro comentario denunciando a pouca oferta formativa que hai no Carballiño. Está mou pouco actualizada ás demandas actuais do mercado de traballo na contorna da comarca. Temos duas empresas moi grandes no polígono que entre as dúas demandan casi 500 soldadores e non pode ser que teñan ir ata Portugal a buscar traballadores porque aquí non encontran xente formada. Que está moi ben esos planes integrales de emprego do concello en connivencia coa Xunta de Galicia para formar dentro da propia empresa a esos traballadores, pero ise non é o camiño, xa que na súa selección non se respetan os principios de igualdade na admisión ao discriminar según o concello da comarca na que vivas, a idade que teñas e incluso circunstancias persoais, cando calquera debería ter direito a estudar o que queira sen importar criterios subxectivos. O mesmo que pasa cos obradoiros de emprego ou cos cursos do INEM onda moitos deles están reservados ou para menores de 30 anos ou para percetores de RiSGAS ou outros subsidios.

O FP de soldadura no Politécnico será unha excelente idea que ademais sería pioneiro en Ourense, xa que non se importe en ningun outro centro da provincia.

Este tipo de ideas e iniciativas son as que fan falta.