Pola calada, coma sempre

27, Marzo 2016

Resulta ser que en Garabás queren colocar unha antena de telefonía. Resulta ser que os veciños non están dacordo coa ubicación proposta xa fai moito tempo. E resulta que no concello de Maside teñen coñecemento desta oposición. Fai cinco meses que cento vinte veciños firmaron en contra, e esas cento vinte firmas tiveron entrada no Concello de Maside.

Resulta ser tamén que nesas mesmas datas, dous concelláis, pedíronlle ós veciños que se "tranquilizaran" e prometéronlle a eses mesmos veciños que farían todo o posible para que a torre non se ubicara dentro da poboación.

Pois ben, medio ano despóis, os veciños de Garabás seguen coa espada de Damocles da antena coa consiguiente alarma social e preocupación polos efectos do invento na súa saúde e por suposto, ninguén do Concello de Maside, tivo a habilidade, decencia ou competencia de dar algunha explicación.

Somella que en Maside, os proxectos que afectan ós veciños hai que facelos con absoluto secretismo. Que a poboación sepa o menos posible, Claro, non vaia ser que se monte unha protesta coma a que se organizóu coa barbaridade da incineradora de rodas e o  alcalde e compañía perdan prestixio.

Dende Garabás quixéramos que nas decisións municipáis que afecten directamente ós veciños,  se nos informe,  que non se nos ningunee e que se conte con nos, así  como contan cando veñen casa por casa a pedirnos o voto.