Politicas activas de emprego

6, Marzo 2018

Contestando sobre as políticas activas de emprego do Carballiño, se ven e certo que depende da Xunta de Galicia a adxudicación das mesmas, non así a solicitude, de tal maneira que si o Concello solicita un obradoiro de emprego ou un curso de soldadura, a Xunta é a que ten competencia para adxudicalo ou non, pero a responsabilidade da estratexia laboral é totalmente responsabilidade do concello. coincidiras conmigo en que habendo un nicho de emprego en soldadura ou en atención sociosanitaria non tería lóxica que se solicitara outra formación que non fora esa, por ejemplo, cando o goberno do partido popular chegou o concello había solicitado un curso de aproveitamentos forestais, que pouca ou nada salida tiña en aquel momento no mercado laboral, sen embargo, non sabemos a razón, era o que estaba solicitado sin ningunha repercusión a nivel de inserción laboral. Non é o mesmo solicitar unha formación ca outra. En unhas hai emprego e en outras non.

Quero decir con esto que é moi importante que o Concelleiro ou concelleira  de empleo sepa dirixir as politicas activas de emprego hacia o sectores de máis demanda laboral. ESTO SOLICITAO O CONCELLO, NON O DA A XUNTA PORQUE SI. a ver si nos enteramos!!!!!

E asegúroche que as estratexias  xa quedaban diseñadas polo partido popular, quedaba traballo feito para catro anos máis dos que gobernaron.