Privatizacións ? Depende de quen as faga

29, Xuño 2015

Pois empeza ben o señor Fumega na alcaldía... Este pensa que por gañar as eleccións nos imos olvidar das súas promesas. Pois ben, nin un mes leva e xa está faltando a súa palabra. O señor FUMEGA VAI A PRIVATIZAR A ASISTENCIA DOMICILIARIA ós maiores do Carballiño. Esto esixe unha aclaración, pois el fartouse de decir que ía recuperar servizos privatizados, e que a culpa era do PP que o privatiza todo... e ahí está el abrazado coa CIG para privatizar o servizo. A súa primeira medida é firmar un concurso que se podería ter paralizado e rescatado. ¿E os grupos da oposicion de esquerdas? Pois coma sempre de vacacións. O BNG non volverá a aparecer polo Carballiño ate dentro de 3 anos e 9 mese e o Bernardo estará ocupado negociando algunha concellería... Que mágoa.. .E por certo, ¿Que pasa coas piscinas? ¿A xestión vai ser pública este ano? Hai que ter algo de vergonza.