PSdeG do Irixo sobre a construcción dun muro no pobo de Pedrouzo

9, Setembro 2015

Os socialistas de O Irixo, veñen de preguntar ó Sr. Alcalde pola construción dun muro de pedra de importantes dimensións no pobo do Pedrouzo diante da casa do tío político (irmán da nai que é a súa vez traballadora do Concello) da concelleira do Partido Popular neste concello Doña Nuria Penedo Taboada que é a súa vez prima do Sr. Alcalde Don Manuel Penedo.

Preguntan os socialistas cal é o criterio para acometer unha obra de semellante envergadura que non se entende de interese xeral diante da casa dun familiar dun membro do goberno deste concello. Cal é o custo da execución de dito muro. Se é certo que dita obra foi solicitada polo propietario desta vivenda diante da que se executou dito muro para poder ter un acceso máis cómodo a súa vivenda e ó garaxe da mesma co seu tractor, segundo denuncian os veciños. Ou se non considera que no Irixo existen outras obras e necesidades máis apremiantes que a construción dun muro que beneficia en exclusiva a un particular, familiar de membros do goberno do concello.

Os socialistas teñen solicitado tamén a copia do expediente da construción do referido muro executado presuntamente pola empresa Coviastec S.L., segundo manifestacións dos veciños.

Denuncian os socialistas que esta importante obra como se pode apreciar nas fotografías que se axuntan, non resposta a ningún tipo de interese xeral, dado que non está nunha vía principal do Concello, non entenden o interese en dita obra salvo beneficiar a un familiar dos membros do goberno para revalorizar unha propiedade particular facéndolle o camiño diante da súa casa máis ancho e facilitándolle maior comodidade para a entrada o seu garaxe. Denuncian os socialistas que é un escándalo e unha auténtica cacicada acometer esta obra con tódalas necesidades que ten o concello en materia de infraestruturas, estradas e camiños ó longo de todo o concello.

Esta obra non é máis que unha mostra máis da línea política deste goberno e deste alcalde, onde prima beneficiar a familiares e amigos principalmente fronte ó resto de veciños e veciñas de O Irixo...

Os socialistas están á espera de coñecer o custo destas obras e da xustificación de interese xeral que non existe, pois somos coñecedores da zona e do pobo antes da construción de dito muro e non existía interese xeral algún, máis que o de beneficiar a un particular familiar directo dunha concelleira do goberno e do propio alcalde.