Quén é o asesor de estética do Concello?
Quixera saber quen ou quenes son os que se ocupan da estética das rúas do
Concello de O Carballiño porque non podo entender o seu gusto. Na Rúa
Galicia, na casa que fai esquina coa Praza Antón Losada, dende fai máis de
50 anos había unhos banquiños de pedra que viñan ben en moitas ocasións e
a moitas xentes. Despois de arranxar as aceras vin que non os volveron a
poñer e preguntei aos veciños o por que. A resposta fíxome rir pois seica
non se poñen porque non "pegan coa nova estética" da rúa, e despois de
darlle voltas sigo sen entender que dúas banquetas de pedra que levan alí
toda a vida non vaian coa estética e en cambio as caixas de froitas e
verduras que hai tódolos días na esquina do principal cruce da vila e que
ocupan toda a acera, si "vaian coa estética da zona", ou as terrazas que
ocupan os soportais e impiden o paso, ou as que están no medio das
aceras,... esas sí van coa estética de cada zona. Non vos dades conta de
que os veciños non están só para cando teñen que votar, están tamén
para ser oídos, pensade que o posto que estades ocupando non é por
"oposición", é dos de "Hoxe sí, pero mañá...xa veremos ". Pensade ben
que mal vos fan dúas banquetas de pedra nunha acera que non molestan a
ninguén. ¿E vós ides coa estética de un Concello como o de O Carballiño?
Poñédevos diante dun espello e pensade a resposta.
Imaxe: