Qualis artifex pereo! E o tecido carballiñés desangrándose

16, Outubro 2020

Qualis artifex Pereo! Foron as últimas verbas de Nerón, que en galego palatino ven a significar: Que gran artista morre en min. E as pronunciara xusto antes de suicidarde cando fuxiu de Roma tras contemplala arder, e as pronunciara en referencia a súa afección a tañer a lira e actuar ante o público na traxedia e a pantomima.

Calquera semellanza con calquer persoeiro da nosa vila é mera coincidencia.

O tema é que por suposto, nin o Goberno ten a culpa da pandemia (si da fatídica xestión dela), nin a Xunta, nin o goberno local do Carballiño. Pero cada un ten que facerse responsable das súas competencias e actuar da maneira máis dilixente e coa maior urxencia.

Habida conta que o Concello do Carballiño non ten competencias en materia sanitaria, deberá por o seu grao de area e asumir as súas responsabilidades en materia das ordenanzas e actuacións que fagan cumplir a normativa tanto do Goberno como da Xunta, e facilitar as axudas que minimicen o impacto da pandemia.

Ata o de agora en ningunha das súas responsabilidades amosou a máis mínima sensibilidade, ou dilixencia, ou intención. E é moi grave porque moitos dos negocios do Carballiño están a desaparecer. En moitos casos pode que sexa inevitable e é moi probable que as axudas do Concello non eviten o peche. Pero en outros casos as axudas do Concello xunto con outras axudas, poderían garantir a supervivencia.

Este goberno fixo unha lectura errónea da urxencia e das necesidades reais e así o plasmou nunhas bases de axudas que están moi alonxadas das necesidades do tecido comercial carballiñés. Porque coma sempre os políticos están alonxados da realidade e dos veciños.

É momento de virar o rumbo, quizáis pra mañán sexa tarde. E agardo que esta crítica que pretende ser constructiva sen deixar de turrarlle as orellas aos políticos sirva para algo. Porque non toda a culpa é tampouco nosa, dos que eles chaman irresponsables... Somos tan irresponsables agora como cando lles votábamos.