¡Radar Móbil 25 Xullo Por Favor!

16, Febreiro 2018

Son veciño da avenida 25 de Xullo e hoxe houbo outro atropelo na miña rua. Por sorte e lendo as noticias a victima so sufriu feridas leves. Inda fai poucos meses houbo outro atropelo no paso de peons frente o coñecido como Edificio Fraguas. Xa fai tempo houbo un atropelo mortal nas inmediacións do cruce do atropelo de hoxe. O tempo pasa e o pobo medrou moito de cara a N-541 e xa non é unha carretera nacional que pasa por fora do  Carballiño e na que os únicos puntos conflictivos eran os cruces de Catro Camiños e da Casa Azul, resoltos no seu dia con semáforos. O Cruce da Casa foi moificado recentemente ca eliminación dos semáforos e ca construcción da rotonda actual. A actual avenida 25 de Xullo pódese considerar plenamente integrada no casco urbano do pobo, ten moitisimo tráfico e é moi perigosa sobre todo para os peóns a hora de cruzar os pasos de peóns. Unha veciña miña da avenida vai comprar tódolos dias o supermercado Gadis e me conta que cruzar o paso de peóns que está o final das aceras novas que fixeron, xa en territorio de Maside, e unha tarefa de valentes co perigo que iso implica. Os coches non paran, e para que pare un, antes pasaron uns cantos. As velocidades as que van os coches por esta rua que esta limitada a 50 son moi superiores os límites, sobre todo no tramo que vai dende onde comeza a rua ata a altura da estación do ferrocarril. Xa non falo nas semanas que hai transporte de eólicos, pola maña van cargados dirección Pontevedra e pola tarde que veñen descargados hai que ver como circulan por esta rua, mete medo velos. Tamén é bastante frecuente ver entre as 23:30 e a 1:00 da mañá, 3 ou 4 coches a non menos de 100 km/h. 

Na remodelación das aceras tamén se puxerón sinais novos, entre eles ahi un cartel ben grande no tramo que xa pertence o Carballiño onde comezan as árbores que na que se pode leer Velocidade Controlada por Radar....

A realidade é que desde a Policia Local ten radar a Guardia Civil de Tráfico non se pon no casco urbano do Carballiño. Somentes o principio de todo vin a Policia Local co radar na nosa rua un par de veces, unha a altura da estación e outra despois do alquiler de maquinaria, direccion Ourense. 

Non pretendo culpar  a ninguén, os accidentes pasan pero as veces penso que se poden previr. A realidade é que esta rua ten moitisimo tráfico e non se cumplen os límites de velocidade. Tódalas noites pasan tanto a patrulla da Policia Local no coche e tamén a Guardia Civil, non hai queixa, estamos agradecidos e son dos que pensa que sempre están ahi cando cumpren.

So pido que empreguen máis o radar que teñen na nosa rua, porque é moi necesario, e se o poñen as infraccións detectadas daranme a razón. Se por algunha razón o radar está estropeado ou non se pode usar que deixen poñer a Guardia Civil e xa verán os resultados.

Un día tras outro rebasando os límites de velocidade e quedando impunes, a xente cólleo coma norma e esquécese dos limites e das sinais. Compre que de vez en canto alguén te pare ou que chegue unha multa a casa, para recordarche as normas que as veces esquecemos ou infrinximos.