A recadación, sí señor

4, Marzo 2017

Bernardo: Eu son un dos que che chamou “o das mareas”. E non debes preocuparte por eso pois non é ningunha falta de educación nin falta de respecto. Igual que cando ti falas dos do PP ou da Deputación nun tono un pouco especial, os do PP non poden tomalo como ningún insulto nin nada despectivo. Ou cando estabas en AGE e o teu lema e proposta electoral era: "Hai que botalos". Bernardo, a liberdade de expresión e unha estrada de doble sentido. O “vello profesor” como o chamabas nesa campaña, chegou a decir que o PP asasinaba a xente polo da sanidade. Créeme admiro máis a Beiras que a maioría do PP, pero esto que dixo é unha animalada non comparable a chamarte a ti “o das mareas”.

A miña identidade é a de calquer votante, o voto é segredo. E vou seguir mantento o segredo do meu voto agora que che vou gabar. Eres importantísimo para o desenvolvemento da democracia carballiñesa. Eres do mellor que aconteceu no Carballiño dende hai moitos anos. Eres valiente e noble, pérdeste un pouco nas formas pero pódese pasar, porque á hora da verdade atendes casi sempre á lóxica.

¿Por qué digo esto? Fuches o primeiro que fixo algo destacable neste mandato, pediches que se cumplira a ordenanza para as terrazas. E grazas a ti e mailo teu partido AV en Marea (non entendo por qué che parece mal que te chamen o das mareas) os do Carballiño sabemos moito máis do servizo de recadación. Grazas a ti e o teu partido, porque fuches o primeiro en poñelo en solfa, coñecemos que este servizo deixou prescribir 3 millóns de euros primeiro, e outros dous con posterioridade. A lóxica, a cal casi sempre segues, púxote na tesitura de ter que rexeitar esta empresa, e propuxeches a remunicipalización do servizo. Apostaches por esta vía ó mesmo tempo que o fixo Chema co BNG.

Bernardo, eu quero chamarte o das mareas por moitos mandatos, e desexo que teña que chamarvos así a tres ou catro concelleiros. E ti tes moita responsabilidade en que esta posibilidade poda ser algún día unha realidade. Explícome: Se ti, inicialmente segues unha tesitura, e o fas polo camiño correcto, non podes estropealo dando bandazos. Se o voso partido denunciou que non era de recibo non pasar polo pleno para a licitación deste servizo, e  fíxoo baseándose na legalidade vixente, non pode existir ningunha circunstancia ou condición, ou pacto, ou cambalache, que altere este posicionamento, porque é sólido e robusto, e é absolutamente axeitado.

Persoalmente desexo que non estropees todo o que fixeches ben até o de agora mediante un parche. Pidoche por favor, e polo ben das xeracións futuras de en Marea, e de moitos outras forzas que podan concurrir no futuro á política local carballiñesa, que sexas valiente, que recoñezas que os do PSdeG do Carballiño non actuaron de boa fe cando asinaron contigo un acordo de vontades. Recoñece que eles non queren seguir a senda da remunicipalización (concretamente o alcalde por razóns evidentes). E non asines medias tintas, contratos por ano e medio, ou por un ano con outro prorrogable, nin nada polo estilo. Non sometas ó contribuinte carballíñés a ter que seguir pagando (cun aumento dos honorarios) a unha empresa que deixa prescribir tanto carto do noso señor ¿Qué se podería facer con todos eses cartos? MOITAS COUSAS. Ti ben sabes, se fas unha lixeira reflexión, que asinar ese parche é renunciar a remunicipalización por todo este mandato (que é o que lle interesa ó alcalde). É un luxo costosísimo para o interese xeral do Carballiño (tanto polo montante do que se deixou de cobrar, cinco millóns de euros, como polos propios honorarios dunha empresa ineficaz a todas luces).

Pra rematar Bernardo, non coquetees cos da casta, porque xa sabes aquelo de quen con miniños se acosta mexado se levanta. E os da casta son como miniños que pra conseguir un voto non teñen que loitar o que ti loitaches, porque os seus aparatos propagandísticos e a suas portas xiratorias fanllo todo máis sinxelo. E perdoa por ser un dos que te criticaron, pero estou convencido de que ó final terei que facer o contrario. Fareino con moita máis ledicia que coa que te critico. Estás levando un peso importante, estás nunha posición que é a máis complexa e entendo que poden xurdir dúbidas, pero se mantés a integridade sairás airoso de todo esto. Sorte, forza, e valentía Bernardo. E moitas grazas por participar na vida pública e achegar todo o bo que achegas.

Keep fighting