RECURSO CONTRA A TAXA DO LIXO
Boas querida xente.
Fai algo máis de un mes comentei que a taxa provincial pola prestación do servizo intermunicipal delegado de recollida, transporte e tratamento de residuos de competencia local podiase recurrir.
Pois do dito aos feitos. Comparto un borrador de recurso fronte a dito acto que non deixa de ser totalmente inxusto por varios motivos, entre eles o de non cumprir coa normativa estatal nin a directiva europea que a regulan ao poñer unha tarifa plana sin ter en conta varios criterios que se deberían aplicar á hora de elaborar e definir o feito impoñible, exencións, reducións e bonificacións, base impoñible e liquidable, etc.
Como esta taxa a cobra a Deputación de Ourense, xa que a Ordenanza Fiscal é da súa competencia, este modelo de recurso serve para a veciñanza non só do Carballiño senon tamén para os concellos de Amoeiro, Avión, Baltar, Bande, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Coles, Cortegada, Chandrexa de Queixa, Entrimo, Xinzo de Limia, A Gudiña, O Irixo, Larouco, Lobeira, Lobios, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Muíños, Oímbra, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, Porqueira, A Pobra de Trives, Punxín, Rairiz de Veiga, Ribadavia, San Xoán de Río, Riós, A Rúa, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, A Teixeira, Toén, Trasmiras, A Veiga, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilardevós e Vilariño de Conso.
Para presentalo, primeiro teremos que pagar o recibo correspondente e despois de pagalo e antes de 30 días presentaremos a copia do mesmo e este modelo de recurso debidamente cumplimentado en calquera ventanilla de rexistro do noso concello ou na propia Deputación.
Sen máis, subo o documento (carpeta de google drive con dous formatos editables e un en PDF) e agardo que sexa útil para evitar o que me parece un cobro abusivo por un servizo cuio sobreprezo nunca se lle debeu cargar á veciñanza, pois había outras fórmulas para proceder a sufragar o mesmo.
O voso veciño e tertuliano, Manuel Nogueira.
https://drive.google.com/drive/folders/19HtccThk-P2zkPAhYOIX6-YPugdpaC-i...