RÉPLICA Á TEORÍA DA FASHIONARIA

28, Setembro 2020

Pois por alusións contestarei a quen tan alegremente me pideu parecer e  redactou a denuncia "A FASHIONARIA".

Irei por partes e tentando non deixar nada no tinteiro.

O primeiro, lanzar dita denuncia na que quen escribe amosa a súa máis enéxica protesta por dar "pulo publicitario" a un representante político, e onde tamén se expresan outras cuestións é respetable, máis non compartida pola miña parte.

Tentemos contextualizar a situación actual e como chegamos á mesma. As restriccións de ADIF e as deficiencias que tamén temos no tema de transporte de buses na comarca de O Carballiño é un problema grave, pero non debemos esquecer que se arrastra dende fai anos.

Nos últimos 10 anos o Ministerio de Fomento ( agora denominado de transporte  e mobilidade) ten pechado en Galicia máis de 26 estación e outras 30 viron reducidos horarios ou peches parciais. Anos nos que no estado gobernou tanto o PP como o PSOE e que no caso dos buses é responsable total o PP.

Sabemos quen goberna en España, que non lle quepa duda a quen redactou dita denuncia, pero tamén é certo que no goberno de coalicción cada agrupación ten uns ministerios, dos cales ten que responder a persoa ao frente dos mesmos individualmente. Nos, dende Unidas Podemos traballamos por ser o máis útiles e eficaces nos ministerios que defenden as nosas diputadas.

Cuestións partidistas e competenciais aparte, toca agora esclarecer un pouco o motivo da xuntanza, que polo que vexo desdibuxa un pouco a persoa relatora da Fashionaria. A Plataforma pola Defensa do Transporte Público no Carballiño e Comarca fai uns días solicitaba axuda institucional e daba conta do acordado na asamblea que tiveron en agosto de acudir a todos os partidos políticos e aos alcaldes de toda a comarca para pedir apoio a dita plataforma e tentar paliar  recurte de servizos. Moitas persoas que participamos en distintos partidos e proxectos políticos nos sumamos a esa demanda, porque antes que persoas que defendamos un ou outro partido, todas somos residentes e veciñas de O Carballiño. E iso é o que ten que prevalecer en esta plataforma: o fin último é recuperar servizos e  evitar que O Carballiño morra esquecido sin transporte público. Incomunicado.

Chegados a este punto,explicar que dende a Plataforma están solicitando ter xuntanzas con todas as forzas políticas como xa dixen, e  me preguntaron por si podía xestionar eu unha xuntanza co noso portavoz e diputado no congreso, Antón Gómez-Reino. Cousa que fixen de bo agrado, todo sexa dito.  E como non podía ser de outro xeito, se celebrou esa xuntanza telemáticamente o pasado venres. Cousa que me alegro, ao igual que me alegro das distintas xuntanzas que xa tiveron varias integrantes da plataforma cos distintos alcaldes da comarca nos pasados meses, este pasado sábado co alcalde de San Amaro ou mañá martes, co presidente da Diputación de Ourense. Porque o apoio institucional é preciso para conseguir as metas que busca esta plataforma.

E xa para rematar, aclarar unha cousiña. Cuarta forza do estado, correcto. Desaparecida en Galicia, incorrecto. Desaparecida do Parlamento galego, si. Máis iso non é, nin será impedimento para que sigamos a traballar polo que cremos xusto.

Un saúdo de parte do tertuliano das mareas mortas.

Manuel Nogueira