RESPECTO O COMENTARIO DO SOLDO DO ALCALDE

11, Xullo 2023

Non son de ningún partido político en concreto, e o meu son os números e hai que ser obxetivos.

Gustaríame  facer unhas aclaracións respecto o soldo do Alcalde. Porque penso que se están a mezclar conceptos de soldo bruto e neto.

Para empezar non é certo o da subida de 20.000 euros e pasar a cobrar de 30.000 a 50.000 euros.

Actualmente o alcalde está cobrando case 41.000 euros brutos anuais e máis ou menos lle veñen quedando mensuais limpos uns 2.472 euros. Está claro que é un bo soldo comparado ca maioría dos traballadores (o soldo medio bruto en Galicia pasa lixeiramente dos 23.000 euros), pero é unha merda comparado co de calquer outro traballador público. Para non ir tan lonxe, meu cuñado que so é mestre en FP sen plaza, non anda tan lonxe dese soldo neto e non ten que aguantar o que ten que aguantar o alcalde.

Eu dende logo non me fago alcalde por ese soldo. Outra cousa é que cos anos que xa ten, e os que leva cotizado como alcalde neste último tramo da vida laboral vaia ter unha boa ou a máxima pensión de xubilación. Iso é indiscutible. 

Se eres legal, a política non está nin ben pagada nin valorada. Os partidos políticos a nivel local custalles moito facer as listas nos postos de saida con xente preparada e de valía. Os que son autonómos teñen máis que perder que gañar, por iso hai tantos funcionarios sen risco de perder o posto de traballo ou os seus clientes.

A política é mal negocio para o que queira durmir tranquilo.