Resposta de Cine-Club ás declaracións do concelleiro de cultura

27, Marzo 2017

En relación ao comunicado da Área de Cultura do Concello do Carballiñosobre apolémica xurdida entre a mesma e o Cine Club Carballiñopola utilización do Auditorio, a directiva do cine club quere manifestar o seguinte:
En primeiro lugar, agradecer as palabras doConcelleiroao calificar anosa programación como “de moitacalidade” (esperamos que iso o anime a asistir por primeira vez a alguna dasnosasproxeccións) e o nosotraballo de “extraordinario”. Pena que non o respecte e non valore e entenda o que supón, xa que para el parece que é o mesmo que o fagamoscalquera día da semana. Cremos que tal vez esqueceu que nós, a diferencia del, non cobramos por facelo, polo que temosoutrostraballos (estes si remunerados) que atender, nalgún caso a bastante distancia do Carballiño.
En segundo lugar, compartimos con el o criterio de que a importancia dunhaactividade cultural non se debería medir sópola afluencia de público, e alegrámonosmoito de que pense así. Tal vez sobraban entón as cifras de asistencia que “exhibe”. Por certo, debería lembrar que moitas das actividades culturais do concelloteñenmoipouca afluencia (de citar, está ben citar tanto as duras como as maduras). Iso para nós, que temos estado en moitas, non as faidende logo ninmáisnin menos interesantes. Tal vez o que lle debería é levar a unha reflexión acerca do traballo de difusión das mesmas por parte da Área que dirixe como Concelleiro. De paso, podería difundir tamén as nosas (aproveitamos para recordarlleunha vez máis a nosa demanda de que aparezanna web do concello) e así axudarnos a subir a media de 60 espectadores por película que temos no presente ano (73 se temos en conta a tempadadendesetembro).
No terceiro punto xa non coincidimos tanto. O Carballiño non ten dúas instalación municipais en condicións para a proxección cinematográfica. E se a cousa sigue así acabará por non ter ningunha. Dende o noso punto de vista o coidado das mesmas é lamentable, e as dúas presentan claras deficiencias (falta de limpeza, ás veces escandalosa; paredes completamente cheas de humidadenun pésimo estado; falta de mantemento dos equipos técnicos; non reparación de elementos que se van deteriorando polo uso…). Pero a maiores, a Casa da Cultura carece do equipamento necesario para proxectar en condicións: non ten un canón de HD, e a colocación do actual é absurda, xa que implica perder a metade da pantalla, xa de por si pequena. Aínda así non é o máis grave: o sistema de climatización non funciona correctamente e o estado das instalación da literalmente “noxo”. Sabemos que a situación xavén de lonxe, pero sabemos tamén que ninvostedenin o grupo municipal ao que pertencefixeron nada por mellorala.
En cuarto lugar notamos certa falta de coherencia entre o contido do seu comunicado e o título do mesmo, xa que en ningún momento aclara os motivos polos cales vostederenunciou á programación de Cinemas de Galicia, a pesar das súasvantaxosascondicións. Salvo que o que pretenda é suxerir que os responsables somos nós, por non querer buscar unha solución dialogada ásnosas diferencias. Nesesenso gustaríamos recordarlle que en ningún momento se puxo en contacto connosco para resolver a situación que se producía en relación á utilización do auditorio, e só o fixo con posterioridade a que nósllecomunicaramos a través dunhatraballadora da súa área que se non se buscaba unha solución deixariamos de colaborar coconcelloao non respectar o nosotraballo. Por certo, chamounos non para buscar unhasolución para as nosasproxeccións (non ofertou ninguna alternativa) senónsó para as de Cinemas. Falta entónaínda que explique por que non se levan a cabo tendo a Area de Cultura un Concelleiro con media dedicación exclusiva, varios traballadoresaoseu cargo e, segundo as súas palabras, “dous lugares axeitados para celebrar actos culturais”, que fan do Carballiño un lugar con“unha programación cultural extraordinaria” (ás veces un pouco de modestia non está mal).
Xa para rematar, pedir desculpasaosnosos socios e aos amantes do cine en xeral do noso pobo e dos arredorespola parte de responsabilidade que de segurotemosnesta trifulca, e que ao fin e o cabo supón a perda de programación cinematográfica da que disfrutar todos nós. Non temos por costume ser servís nin lameculos cos políticos cos que nos vai tocando lidiar, e isoás veces xeracertos “roces”, sobre todo cando estes consideran as institucións como un patrimonio persoal en vez de entender que están aí de paso só para xestionalas o mellor posible en beneficio de todos. E recordarlleaoconcellerio que nós non somos tan irracionais como para querer privar aosnososveciños de nada, simplemente queremos que se nos respecte, por moi críticos (tamén sinceros, non o esqueza) que sexamos coa súa labor. Para a próxima, descolgue o teléfono, tomamos unha caña tranquilamente (invitamos nós, que cremos que nos toca) e de seguro que acabamos atopando alguna solución na terraza dalgún bar, que para iso están.

Remitido por Cine-Club Carballiño.