Retratado nos cromos

17, Marzo 2015

Como pai dun neno da escola de fútbol estou anonadado co tratamento que nos esta dando o Sr. conselleira de deportes do concello do Carballiño. 

Resulta abraiante comprobar cómo se nos dixo que a campaña dunha empresa que fixo os cromos era unha magnifica idea para recadar fondos para a escola, e resulta que logo de ter que mover Roma con Santiago, acaba contando nun pleno que o concello non sabe nada do asunto. Insistindo vía escritos no concello, acaba agachado detrás dun escrito entregado a alguns pais, no canto de dar a cara, para decir que o concello non sabe nada, NON negociou nada coa empresa e ¡ alucinante frase! A empresa agradecida donou 300 euros para material deportivo. ¡ que pena! Señor Rodrigo dea a cara diantre dos país, reunaos e dea explicacions responda as notas preguntas. En definitiva dea a cara, non se esconda