Salvemos o tren, movilización social xa !!

21, Xaneiro 2016

Estimados veciñ@s: é o momento de decir basta, creo que estamos nun momento crucial para O Carballiño, estamos nun momento que pode ser histórico, nun momento no que O Carballiño aínda está a tempo de ter futuro...ou deixar que pase o tempo e convertirnos nunha vila sen futuro, igual cando reaccionemos é tarde. Non se pode permitir que nos pechen a estación do tren, sería un paso atrás, moi atrás para  O Carballiño, deixannos sen o único tren a Madrid e, moito me temo, que logo farán o mesmo cos cercanías con Ourense. Un pobo sen comunicacións, cada vez máis incomunicado, non ten futuro. Ou espabilamos xa ou cando queiramos facélo igual é tarde.