Sen citas no centro saúde Carballiño ata o 3 de novembro

22, Outubro 2025

Isto xa non ten pés nin cabeza. Case 2 semanas de espera para unha consulta por enfermidade. E a situación vai cada vez a peor. Cupos médicos que están totalmente desequilibrados. Unhos teñen a metade de cartillas que outros. E non creo que o futuro centro integral de saúde da avenida do Balneario vaia solucionar o asunto.