Sen pasos de peóns

6, Outubro 2011

Comentuome unha muller que os coches andan a toda velocidade pola Avenida de Compostela, e que xa o tiña dito no concello e mais na radio. A verdade e esa, non sei o motivo , pero non hai un paso de peons dende casi os catro camiños ata casi a Uceira. Pedimos os veciños un paso de peons para poder cruzar, dende a rua do Paraño e dende a rua Piñor, xa que hai moitos nenos que van ó cole e teñen que cruzar esta avenida. E non só nenos , xa que non hai moito faleceu un ancián atropelado a altura da rúa piñor, e non habia un paso para poder cruzala. Tamen é certo o da excesiva velocidade dos vehículos , xa que non hai quen a vixile, aínda que creo que tiñan seica un radar, pois a controlar e sancionar ós que pasen facendo o rali, e así tamén recaudan cartos para o concello, que seica fan falta. Como os pasos de peons non o respetan, podian polos elevados , xa que é a unica forma de que se poida cruzar con seguridade. Como os hai na Uceira e no centro de pobo.¿Os veciños desta Avenida tamén somos da Vila, ou non? Cando pase algo poranos, coma sempre. Veña que iso non costa tanto Sr Alcalde e así agradecerémosllo todos. Quero darche as grazas Xan ,xa que cando comentastes o da suciedade desta avenida, limparon un pouco. Esperemos que o sigan facendo xa que nos subiron a tasa do lixo ,seica tiñan que actualizalas. Pero si eso se ve na limpeza ben vido sexa. Repito: gracias.