Sen trens, sen estación, sen memoria.

24, Novembro 2015

Unha das ilusións da primeiraa metade do século XX  e das xoias arquitectónicas da boa cantería do Carballiño, dotada de todo o necesario para un futuro que non foi, é a Estación do Fererocarril: barrio con casas de empregados, pazo de estación con sala de estar de mármore roxo, edificio bar,  servicios-wc, almacens e demáis complementos, incluso traida e conducións subtrerraneas...Incluso todo dotado de mobiliario de deseño e decorado con obras de creadores que foron desaparecendo, degradándose o conxunto e o peor, perdéndose memoria. Tanta se perdeu que até nos equecemos que temos estación sen trens...e toda unha serie de galponadas de mal gosto que uns e outros prometeron retirar e así seguen. Un pobo sen estacións, sen transportes é un corpo sen sangue, morto. ESPABILEMOS, RECORDEMNOS E RECLAMEMOS A ADIF O QUE ENTREGOU O CARBALLIÑO PARA COMUNICARSE CO MUNDO