Señor delegado da Xunta...

7, Abril 2021

Onte a administración autonómica publicou un informe de impacto ambiental sobre un proxecto de traslado dunha planta de tratamento de residuos (tanto perigosos como non) de chan industrial a chan rústico. Ao marxe da demora en colgar o informe, teño que decirlle que está plagado de gravísimas carencias.

Como pode vostede ver no propio informe a Xunta solicitou a  Enerxía e Minas e Saúde Pública, dous órganos propios da Xunta o informe pertinene, e pese a que a Xunta reiterou a solicituce, a día de hoxe seguen sen contestar.
O 11.11.2020 e o 29.12.2020 reiteráronse as solicitudes de informe ás direccións xerais de Enerxía e Minas eSaúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e ao Concello de Maside.

Como comprenderá resulta moi chamativo, especialmente no caso da Dirección Xeral de Saúde Pública que faga caso omiso á reiteración de solicitude de informe da propia Xunta.

Será para eludir calquer posible responsabilidade se se producen danos na saúde pública?

Tampouco contestou o Concello de Maside (pero como probablemente vostede saiba xa é habitual, e sexa posible que a norma subsidiaria non permita este tipo de proxecto en zona rústica e non queren manchar as mans.

Pero tampouco contesta e fai caso omiso da reiteración de solicitude de informe a Dirección Xeral de Enerxía e Minas?

Das nove institucións ás que se lle solicitaron reiteradamente informe tan só contestaron cinco. E aínda así o xefe de servizo insiste en seguir adiante co informe simplificado (simplificadísimo).

Ten vostede a oportunidade de gañarse o soldo porque penso que a súa función debe ir máis alá de facerse fotos cos alcaldes do PP. E solventar esta flagrante e preocupante carencia do informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, porque penso que a saúde dos veciños de Dacón paga a pena, e este informe pode contemplar actuacións relevantes a tales efectos.

Atentamente, un daconés calquera.