Sobre a Festa do Pulpo

13, Agosto 2019

Pertenzo a un grupo de amigos que leva disfrutando da festa do pulpo no parque do Carballiño máis de 25 anos. Todos estes anos reservávamos a “nosa parcela” sempre no mesmo sitio, na parte datrás dos chalets do parque; un lugar onde se colocaban habitualmente pandillas e grupos e co paso dos anos fóronse incorporando nenos que disfrutaban dunha zona onde o podían pasar ben sen necesidade de meterse no centro do rúido, batallas de auga, etc que había na zona da fonte. Todo o que quería disfrutar dese tipo de festa, sabía onde se tiña que meter.
Pois este ano, gracias ao Concello do Carballiño e en particular aos concelleiros encargados de “organizar” esta festa, convertiron a zona de atrás dos chalets nunha zona onde xa no se pode xantar “tranquilamente” nin permitir que os teus fillos xoguen por alí sen atopar a mozos e moazas (e non tan novos) facendo as ´suas necesidates ao lado dunha árbore ou incluso consumindo estupefacientes. Gracias á previsión dos organizadores, os baños públicos (a parte de excasos) ás 9 da noite xa estaban pechados.
Este é o camino que lle queren dar á festa do pulpo? Coa excusa de que “é un día” a hostelería do Carballiño ten permiso para campar ás súas anchas? Un día é un día, pero tamén está claro que de seguir así a festa do pulpo está sendo pan para hoxe fame para mañá.
Se queren que a festa do pulpo siga medrando, que aprendan a organizala, que xa lle van sendo horas!