Sobre a Lúa e o Sol

22, Xuño 2018

Aquí na Lúa temos a luz do Sol, e a luz é rigor e misericordia. Na Lúa podes ver reflectida a luz do Sol.

Non, non cambio de tornas, recoñezo que a miña percepción de que o alcalde de Piñor debería andar na Lúa era errónea. Recoñecer erros non é cambiar de tornas. Ainos que apluden coas orellas ao Partido Podre, faga o que faga, e chámano coherencia.

Se estiveses aquí conmigo mellorarías a capacidade comprensiva da lectura dun texto, porque a luz é o que ten. E dixen no meu primer texto, que non ten sentido a estas alturas unha moción de censura porque é simplemente instrumental (facerse cos aparatos do Concello). Así que non copies miñas opinións e non  as convirtas en argumentos pra criticar a miña opinión. E tamén escribín no segundo texto que sigo pensando que é un erro a moción. Otra cousa ben distinta é que no primeiro texto pensase que a moción era inviable e despois de escoitar ao líder de VP pense que vai pra diante.

E da lectura do teu texto dedúcese que che molesta que se critique ao PP. Eu non te coñezo e non sei se é así polo tanto preguntareiche a miñas dúbidas despois da lectura da túa crítica á miña opinión

Es dos que aplauden coas orellas ao PP?

Podes enumerar os feitos dese fabuloso traballo do PP de Piñor?

Podes enumerar os actos caciquís de Veciños de Piñor?

Frijolito por qué se queda, polo seu compromiso por Galicia ou porque fíxose popó polos dosieres de Soraya?

Cambiou de tornas Feijóo e agora quere ser o líder de Compromiso por Galicia?

Por qué dis que é o noso fin?

Cres na eternidade do Partido Podre faga o que faga?

Como anda baltarín, acudirá a acunar ao alcalde de Piñor? Segue co poder de cambiar as notas dun tribunal?

Galicia será o retiro Dorado de frijolito?

Agradecido pola crítica da miña opinión agardo as túas respostas.