Sobre o AVE do PP do Carballiño

6, Febreiro 2018

E digo eu: ¿saben vostedes cal seria a ubicacion exacta? porque eu mirando os planos dos anteproxectos moito me temo que estaría máis proxima ao Irixo que a O Carballiño (entre Pazos e A Bugalleira pero máis cerca desta última). Total, uns 9-10 kms por unha carretera que nin é nacional xogandote a vida de noite ou con chuvia e tardando a lo menos 15 minutos. Para tardar iso a xente iria directamente a Ourense, non creen?

Non creo que a xente de hoxe en dia vaia ir en coche hasta alí a coller o tren. Nos años 60 e ata os 80 a xente subiase ao carromato our a boi e iba as estacións das montañas a coller o tren alí porque nin tiñan coches nin había sequera carreteras coma as de agora. Así se entende que houbera estacións nos altos de Boborás, Maside A Touza ou Santa Cruz de Arrabaldo (agora todas pechadas). Pero agora os tempos son outros e a xente pensa distinto e esa ubicacion non é servicial.

Francamente a idea de Carlos Montes de poñer un apeadeiro era moito mais realista a pesar de que no seu día todos se riron del (todos sen exceción, eu incluido). No poligono da Uceira entre a nave dos eolicos hacia abaixo ata frigorificos arcos antes de chegar a ponte sobre a OU-503 hai espazo para un pequeño apeadeiro con parada facultativa. E ata hai xa construida unha pequeña pista de acceso que discurre paralela a via dende a rotando de abaia cara arriba ata o a boca do tunel de seoane. A diferencia das estacións, os apeadeiros non necesitan de vías desviadas, nin apartodoiros ou vias mortas, nin salas grande de espera. Simplemente un acceso para subir ou baixar do tren. A metade da traballo está todo feito. Ademáis está a 2 kms do casco urbano e menos de 5 km en coche. Do outro lado da ponte sobre a OU-503 cara ourense ainda hai mais espazo pero alí xa é Agro da Quinta e pertence a Maside, non a Carballiño. Aunque poden falar cos seus compañeiros do PP de Maside e que pidan tamén eles a súa estación.

Postos a pedir algo que sexa algo parecido a iso porque todo o demais e querer enganar a xente outra vez con proxectos megalónamos no medio de ningunha parte.

 

 

 

Firmado: Un veciño que non é militante nin de PP, nin de PSOE nin de ningún partido político.