Sobre o PP e os brigadistas

25, Xullo 2015

Se o PP quere denunciar algunha situación dos brigadistas, debería ir a Compostela e esixirlle o goberno de Feijoo un servizo único de extinción de incendios,  e unha prevención axeitada á situación que temos en Galiza. Non se pode precarizar e fragmentar o dispositivo e despois tentar sacarlle rédito político á mesma situación. Nun afán privatizador sen límites e co claro obxectivo de beneficiar a empresas amigas, pretenden pagarlle os brigadistas 1 soldo por dous traballos (extinción e prevención) Un claro exercicio de cinismo e hipocresía que retrata as maneiras dos gobernantes que temos neste país.