Sobre o reiterado incumprimento das convocatorias do pleno da corporación municipal do concello de Maside

5, Febreiro 2018

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Maside, temos que dunha vez facer pública unha situación que se ven repetindo en maior ou menor medida, pero que dun tempo a esta parte, ven sendo o que consideramos unha tomadura de pelo.

A denuncia que vimos a facer a través deste escrito, trata do incumprimento legal, que se ven dando no Concello de Maside, cada vez que se procede a convocar unha sesión plenaria. Á marxe de non respetar das datas establecidas, tema que ás veces ten explicación e outras non, e demasiado frecuente que falte documentación relativa á convocatoria o que impide que neste caso dende a oposición, poidamos facer correctamente o noso traballo para preparar a parte que nos corresponde para a sesión plenaria.

Pomos por exemplo a convocatoria para o pleno que se celebrará o vindeiro mércores, convocatoria recibida o pasado venres pola maoría. Pois ben, luns a primeira hora da mañá esta que suscribe foi consultar a documentación a disposición, e cal foi a “xa non tan sorpresa” que faltaba a documentación do punto número 4, número 5 e número 7.

Ademáis, atopamonos co agravante de que, o secretario Municipal, como xa ven sendo habitual, non está operativo nas dependenzas municipais a esas horas, e obviamente, os demais traballadores que están no Concello tan só lle podemos preguntar si saben onde está, e dende logo nunca responsabilizalos do que ben sendo unha falta tanto por parte do Sr. Alcalde, como do máximo responsable legal, o Señor Secretario.
Non é a primeira vez, nin moito menos que constatamos esta falla de documentación dende o Grupo da oposición Masidá, e vimos solicitando reiteradamente nos plenos que cese dunha vez por todas. Pero a vista está que a alguns lles importa bastante pouco cumprir coa Lei, que especifica moi claramente que : “a documentación para o seu estudo e revisión, debe estar a disposición de todolos interesados no mesmo instante que o Sr. Secretario Municipal, asina a convocatoria”.

Polo nosa banda, resultanos absolutamente cansino e frustrante, volver a distintas horas en horario matutino, con tan só 48 horas de convocatoria por adiantado real (remitir a convocatoria un venres….para qué???? Si ata luns non se pode consultar a documentación!!!! Outra tomadura de pelo) para consulta. Os máximos reponsables legáis do Concello Masidao deben pensar que os Concelleiros Municipais do PP Masidao son 4 parvos que non teñen nada que facer e que non se preocupan polo que se coce entre bambalinas….
Rexeitamos desta volta públicamente este xeito de actuar e esperamos que sexa a derradeira vez que acontece, se non, deberemos tomar serias medidas….