Sobre a organización económica do concello do Carballiño

23, Marzo 2018

Como ven demandando Alternativa Veciñal ao logo do actual mandato da corporación
a organización da economía interna do Concello do Carballiño, tanto no que se refire aos
ingresos como gastos, deixa moito que desexar.Ningún alcalde foi capaz de encarar o
problema das perdas de ingresos pola mala xestión da recadación como demostraron as
auditorías externas efectuadas no 2011 por Argimiro Marnotes e no 2015 por Paco Fumega.En
ambas se constataron que varios millons de euros deixaron de ingresarse por prescripción
ante a omisión de exixir os pagos preceptivos a algúns contribuintes.Aparte do agravio
comparativo que representa para os outros veciños e veciñas, ao disminuir os ingresos
repercute negativamente na inversión en servizos de todo tipo.
Por este motivo Alternativa Veciñal brindou o seu apoio puntual ao grupo de goberno
de Paco Fumega a cambio de dotar ao servizo de recadación de personal e medios
informáticos para xestionar directamente a recadación de impostos.Este obxectivo ,que se
propuxo dende o mesmo inicio do mandato no 2015, aínda non se cumpliu nun porcentaxe
significativo ,pola desidia e preguiza do grupo de goberno e o desentendimento do tema do
resto da oposición , a pesares de ser aprobado por UNANIMIDADE nesa data.
Alternativa Veciñal leva insitindo machaconamente dende o comenzo no cumplimento
deste acordo por consideralo fundamental para acadar un control económico-orzamentario
máis riguroso.Para elo os cargos electos teñen que contar co personal técnico especializado
según marca a lexislación.Por iso presentamos unha moción fai dous anos pedindo que se
cubrise a vacante de tesoureiría con un funcionario con habilitación nacional, preceptivo en
concellos de segunda categoría coma é O Carballiño.Deuselle largas ao asunto pensamos que
por non mover do posto a personal que o detenta interinamente na actualidade.Mais o Real
Decreto publicado no BOE o sábado pasado,17 de marzo, non deixa lugar a dubidas e máis
dilacións.O Concello do Carballiño, por pertenecer á segunda categoría, debe dotarse
obrigatoriamente de un posto para a Tesoureiría con un funcionario/a con habilitación de
carácter nacional.
Exixiremoslle a Paco Fumega que cumpla con esta disposición, como paso imprescindible para
organizar un departamento que permita a xestión directa de toda a recadación neste mesmo
ano.
Bernardo García , portavoz deAlternativa Veciñal –En Marea
O Carballiño, a 22 de marzo de 2018