Sobre os burricáns e a crise bolsista mundial

17, Setembro 2018

Hoxe que é o San Cibrao toca un chascarrillo.

 

Pediuse a un asesor financeiro que explicase esta crise bolsista mundial e dunha forma sinxela para que a xente do montón entenda as súas causas e así o tentou: "Había un señor que se dirixiu a unha aldea afastada e ofreceu aos seus habitantes comprar cada burro que tivesen a 100 euros. Boa parte da poboación vendeu os seus animais; ao día seguinte ofreceu mellor prezo, 150 por cada burrito, e, así, outro tanto da poboación vendeu os seus. E a continuación ofreceu 300 euros e o resto da xente vendeu os últimos burricáns. Ao ver que non había máis animais, ofreceu 500 euros por cada burrito deixando a entender que os compraría á semana seguinte e marchouse. Ao día seguinte mandou ao seu axudante cos burros xa comprados á mesma aldea ofrecendo vender cada animal a 400 euros; así que ante a posible ganancia á semana seguinte todos os aldeáns compraron os seus burros a 400 euros e quen non tiña o diñeiro pediuno prestado, máis aínda, compraron todos os burros dos pobos próximos. Como era de esperar, este axudante desapareceu como o asesor e nunca apareceron xamais. Certo é, tamén, que á semana no poboado había un feito: estaba cheo de burros e endebedados."

 

¿E a qué ven este chascarrillo? ¿Será pola non tese do presidente cum fraude? ¿Será por outro cum fraude cuxo pai empregou a centos na Depu... (casa de...) pra manter ao seu fillo?

 

Penso que é un chascarrillo que define a todos os políticos en xeral, e ö rebano de burricáns que os seguen aplaudindo coas orellas. Éstes e os outros tamén quedan reflectidos pola picaresca de "Rinconete y Cortadillo"  unha obra escrita non sei se por Miguel de Cervantes ou por Pedro Sánchez, porque co isto do turmitin e os filtros que lle podes por ao teu antoxo, todo é posible.