Sobre os poceiros de Maside

7, Febreiro 2019

Gústame o título dos poceiros de Maside. Acomódase moi ben á realidade do PP de Maside desde fai décadas. Eu entendo que queiran tapar os pozos; a súa política de “tapar” xa ven desde fai moitos anos co exalcalde Benigno Alvarez, e seguirá sendo así mentres todos o permitamos; deso quedaron ben encargados e dan boa fe os seus fillos.

Señor Brenlla, a política claro que non debería usarse para sacar os trapos sucios de uns e outros; porque o que non debería ocorrer xa é que se permitise a ninguén en política que teña “trapos sucios”. E xa que a cousa vai de frases vou deixar unha que ven aquí moito ó caso:

“Se non pelexas para acabar coa corrupción acabarás formando parte dela”.

Iso de que o candidato non trae mochila xa o desconfiamos todos desde o momento no que chega da man dos fillos de Benigno e a sua tan sospeitosa empresa adxudicataria da mayoría das obras da deputación de Ourense dirixida polo seu colega Baltar e agora tamen de boa parte das obras da Xunta, onde foi nombrado recientemente Conselleiro un dos fillos dun dos fundadores da tan cuestionada empresa. Certo é que o candidato non representa á Consellería, pero o cargo non cae tan lonxe  unha vez mais.

Eu non coñezo personalmente ó candidato pero non me extrañaría que fose certo o de presumir ser íntimigo amigo de Feijóo, Baltar  ou o que sexa preciso (vindo de onde ven o seu nombramiento).

Moi acertado Toni: estamos diante do mais rancio PP de Maside pero non por eso imos seguir aplaudindo e moito menos depositaremos a confianza. Con algo de sorte terán os votos dos seus empleados que seran tamen os que vaian nesa lista representando supostamente ó PP de Maside.  A Deus gracias que xa fai moito tempo que os veciños non somos pampos como eles pensan, e estamos fartos de ver que a quen representa a lista do PP de Maside non é ós veciños do noso pobo, senon a unha empresa privada.

No que dis do  candidato estou tamen dacordo contigo Toni, Manolete, se non sabes torear para qué te metes.