Sobre as terrazas da rúa Principal o día da Festa do Pulpo

12, Agosto 2024

Este pasado domingo durante a celebración da Festa do Pulpo asistimos a novos abusos de certos estabelecementos de hostalaría. Vendo estes hostaleiros que podía facer negocio durante esta festa gastronómica non dubidaron en incrementar, descaradamente, o número de mesas das súas terrazas máis alá do que lle concede a licenza municipal ata tal punto que na zona dos soportais, enfronte da Praza Maior, chegou haber á tardiña, nada menos, que triple fila de terrazas!!!: unha nos soportais, unha segunda diante destes e unha terceira diante da anterior. 

Comprendo que a hostalería é un negocio e que no verán e cando poder facer o agosto, pero o que pasou este domingo é un claro abuso e unha violación flagrante das ordeanzas municipais que regulan a concesión das terrazas dos estabelecementos hostaleiros. Se un bar ou unha cafetería pide unha licenza  para instalar un número determinado de mesas o que non pode facer é incrementar ata o infinito e máis alá o número de mesas que lle concede a licenza municipal. Unha cousa é que ante a demanda de clientes se coloquen un par de mesas máis, pero eso non lle da dereito en modo algún a colocar a moreas de mesas ata máis non poder.

O que pasa é que a hostalería do Carballiño está moi mal acostumada, xa que dende o concello non se lle puxeron límites. Eso si!!! tampouco lle digas que incumpren a licenza municipal de terrazas incrementando o número de mesas que protestan e encima son os ofendidos e as pobres víctimas.

Para poñer fin a estos abusos habría que facer controis periódicos nas terrazas, especialmente, en días festivos, como onte obrigando aos hostaleiros a retirar o número de mesas que puxeron de máis e multándoos apicándolles unha multa en función dos metros cadrados ocupados polas mesas das súas terrazas e se reinciden retirarlles a licenza municipal de terraza ou reducirlla á metade. Así haberían de aprender a respetar as normas e a non cometer tantos abusos dos que ten boa culpa o concello do Carballiño por non pór freo ós abusos que cometen certos/as hostaleiros/as desta vila.