Sobre un panfleto que circula polo Irixo

31, Xaneiro 2012

http://www.fruga-galiza.org/wp-content/uploads/2012/01/incineradora-si-0...
Señor Penedo: Cólgolle un enlace dun panfleto que supostamente está circulando polo Irixo. Quero manifestarlle como afiliado do PP, que estou radicalmente en contra da instalación da Incineradora no Irixo. Neste senso me manifestéi o día 29 no Carballiño. Pero quero manifestarlle tamén o meu respeto por vostede, que opina distinto. O tema que me ocupa e preocupa é o do suposto panfleto. Espero que sexa  un libelo e nin vostede nin a xente que defende, con toda a lexitimidade do mundo a incineradora no Irixo, sexan os autores deste panfleto, porque se 
fora así, teño que dicirlle que o que pon o panfleto é unha miseria intelectual. É o lixo mais pestilento que tiven a pouca sorte de ler na miña vida. Os argumentos que alí se expoñen, a desastrosa ortografía, e o desartellado discurso barato, onde incluso se afirma que os libros e a  formación son unha perda de tempo, non poden vir de ningún dirixente  político.Pídolle por favor que desminta públicamente calquer relación co iste lixo, e de ser o caso contrario, que asuma vostede a autoría. Non podo imaxinar que vostede, ou o seu entorno, sexan os responsables desta  mamarrachada. Sinceramente non o podo creer.
: