Suciedade vs. educación

22, Agosto 2022

Entendo que a evidente suciedade do pobo pode inclinar a críticas e a botarlle as culpas a uns ou outros políticos, xerándose conflitos e debates que non levan a ningún lado. Eu quero invitar a unha reflexión: O pobo está sucio porque a xente non quere ser limpa. Por exemplo, non hai rubor por deixar excrementos de cans nas beirarrúas nin en permitir que as mascotas mexen en calquer sitio, non existe vergoña por tirar basura fóra das papeleiras, que semellan inservibles, pois a xente tira bolsas, latas de refrescos, cabichas... no chan. Outros deixan o lixo fóra dos contedores e a horas a destempo, o que coa calor do verán xera cheiros desagradables... Como se me fai difícil pensar que é por falta de información, por descoñecemento e sen mala fe, porque a estas alturas todos sabemos as mínimas reglas de respecto, educación, limpeza e convivencia, e o analfabetismo está -creo- erradicado, non queda máis remedio que pensar que os habitantes -ás veces tamén os visitantes- son uns porcos. A limpeza tería que empezar por un mesmo.