Unha chamada á cordura

16, Marzo 2020

Nestes últimos días estamos asistindo a compras compulsivas nos supermercados do Carballiño. Comprendo que é necesario que a xente quera mercar os productos necesarios para pasar esta cuarentena durante quince días, pero o que non pode ser é que se merquen productos en grandes cantidades como para pasar varios meses encerrados nun refuxio nuclear.

O resultado destas compras a gran escala é máis que evidente nos supemercados da nosa vila: estantes valeiros nos que faltan auga, leite, pan de molde e papel hixiénico. (Por certo ¿para que se compra tanto papel hixiénico?, ¿será acaso por que o coronavirus provoca diarrea? ou ¿tal vez será para evitar que o coronavirus infecte as persoas por vía rectal?. Se hay un médico lendo esto que nos aclare esta dúbida)

Debemos ser responsables e mercar con mesura, xa que de seguir así comprando máis do que precisamos provocaremos o desabastecemento, subiran os prezos dos productos, habera racionamento (ou se establecerá a compra dun número limitado de productos) e deixaremos sen eles a quenes realmente o precisen. Por favor merquemos só o que precisemos e non unicamente pensando en nós senon tamén nos demais. Con disciplina e boa vontade poderemos salir con ben desta crise.