¿ Unha emisora de radio ou unha cadea incendiaria ?

24, Abril 2012

Como veciña do Irixo quero mostrar a miña repulsa polo papel que 
esta a xogar Cope Carballiño no conflicto da incineradora que se pretende 
instalar no noso Concello. Nestes 4 meses este foro da Cadea Cope non actuou 
como un foro aberto de opinión en respeto, senon como un foro incontrolado 
xerador de odio, de ataques persoais e de enfrentamentos entre veciños. De 
verdade non entendo se o que se busca e batir records de comentarios e se por 
audiencia vale todo, porque comentarios basados nas faltas de respeto e nas 
ofensas persoais son moi fáciles de verter. A pena é que non haxa nesta 
empresa de radio algunha persoa adicada a controlar e marcar unhas certas 
normas para estes comentarios. De momento xa conseguistes arruinar o día 
máis bonito de dúas persoas e esperemos que a vosa irresponsabilidade non 
trae tras de sí consecuencias máis graves.