Unha vacina é un ben de saúde pública, a súa obriga é unha medida coercitiva

22, Novembro 2020

Cítolle unhas declaracións dunha persoa cuxa traxectoria científica é indubidable https://www.abc.es/espana/comunidad-valenciana/abci-pedro-cavadas-frente...

A maior abundamento déixolle este enlace de interesante lectura.https://www.vacunas.org/cuanto-tiempo-lleva-fabricar-una-vacuna-o-como-c...

Pra ir descartando materia irrelevante neste debate, quero comezar por decir que a obriga en facerme unha PCR, ou calquera proba que non supoña ningún risco pra miña saúde, é benvida pola miña parte. Segue sendo unha medida coercitiva pero tolerable. Non o incluín na miña resposta a súa crítica á miña intervención orixinal, posto que na intervención orixinal tampouco o critiquei e centreime no que creía relevante. É máis, penso que sería unha medida acertada a obriga de facernos PCR periódicamente, PCR masivos. Pero é caro pra administración e prefiren sablearnos con sancións desmesuradas por outros conceptos ( a obriga da vacina).

E imos traballar cun posible esceario. Supoña que a día de hoxe xa temos unha vacina cunhos estándares de efectividade e seguridade aceptables. Partindo desta premisa a día de hoxe xa sería posible unha vacinación masiva, pero voluntaria, e se se quere manipular a decisión individual e tocar certos dereitos fundamentais, sempre van existir conflictos xurídicos dunhos dereitos con outros. O posicionamiento da SESPAS é de xustiza, calquera lei que vulnere esta liberdade individual, tamén debe contemplar a reciprocidade no caso dos danos que se lle podan causar ó paciente, pois non existe ningún medicamento absolutamente inocuo. https://sespas.es/wp-content/uploads/2017/01/Posicionamiento-SESPAS-Resp...

Esta responsabilidade e reciprocidade non é contemplada pola lei Feijóo e os seus 40, polo tanto atrévome a cualificala como temeraria, desmesurada e moi irresponsable. Pode que Feijóo e os seus 40 queiran ser tan vangardistas como quixeron ser co "modelo Carballiño" pero penso que están actuando como un elefante nunha cacharrería. E non poden xustificar esta desmesura de até 600.000 euros baseándose na Ciencia.

Quere vostede diferenciar o debate da seguridade co da obriga. Son debates consecuentes. Canto menos seguridade haxa, máis brutais serán as medidas coercitivas que nos leven á obriga.

Pero todos os medicamentos con estándares de seguridade e efectividade aceptables, vostede os toma de maneria voluntaria. Na actualidade, se vostede se somete a unha intervención quirúrxica, mesmo cando vai ó dentista, firma un prego de descargo de responsabilidades, e a súa autorización. Porque nunca existe seguridade absoluta, é unha ficción.

Non, non vou a defender a Illa, ando moi lonxe de aceptar que un "filósofo" leve temas sanitarios, unha médico temas de economía, e un economista temas de encaixes de bolillos. Pero as axencias de autorización de medicamentos, son independientes da política (a priori) e están baseadas en criterios científicos. A obriga non está baseada en criterios científicos senon en normas xurídicas coercitivas.

Polo tanto nin Illa nin o resto de mariachis terían responsabilidade na autorización dun medicamento aprobado pola autoridade competente. Pero sí que tería responsabilidade, tanto patrimonial da administración pública, como política calquer lei que de manera abusiva impoña algo que pode causar a morte. Sin perxuizo das accións penais. Diferencie vostede do que é un medicamento e seu voluntario emprego, da imposición.

Antaño se xustificaba a escravitude con numerosos artificios argumentais. Hoxe, eses mesmos artificios estanse a empregar para tocar o libre albedrío nun dos dereitos fundamentais máis sagrados: O dereito á vida. Existe a Ciencia e a Consciencia, e nosa sociedade ten que traballar con ámbalas dúas se non queremos involucionar.

Saúdos, e un pracer.