Vendedores de fume

29, Maio 2016

Nestes tempos tan cambiantes, nos que se vive ás presas e tantas cousas son volátiles, chámame a atención, mentres miro para a "caixa tonta", que aínda se emite o xa clásico Informe Semanal na televisión pública.

Vexo que o último reportaxe está adicado, por motivos de lamentable actualidade, ós vertedoiros de neumáticos fora de uso. Amósase o problema que representan e a continuación proponse a solución máis racional. Esto é, o reciclaxe. Ilústrase a información coas imáxenes do funcionamento dunha planta cuia actividade é precisamente eso: o reciclaxe de NFU. Vese como unha responsable de empresa amosa o producto que obteñen e como enumera tódalas aplicacións que son sobradamente coñecidas (Canchas deportivas, asfaltados, calzados, aislantes sonoros, parque infantís...).

Como veciño que son de Maside, non podo menos que relacionar o contido deste reportaxe, co fantánstico proxecto empresarial que os nosos responsables municipáis tiñan para a nosa poboación. 

Lembro como ó alcalde de Maside, enchíaselle a boca falando das tres erres nos medios. Tamén lembro que nun acto de irresponsabilidade decía que a planta que quería instalar era de reciclaxe. Quero pensar que un rexidor municipal, obrigado a defender os intereses dos seus veciños, fai estas declaracións por ignorancia, falta de información ou apatía, pois una vez se  púxo en evidencia que o maravilloso proxecto era de valorización enerxética, utilizando un método que a Lei califica de sistema de incineración, non tendo nada que ver coa reciclaxe, sería verdadeiramente lamentable que Celso Fernández directamente quixera facer pasar por tontos ós veciños. ¿Pensaría de verdad o primeiro edil que a poboación non se iba informar adecuadamente, cando se lles pretendía colar "con calzador" un proxecto perxudicial que foi rechazado en varias localidades? Ou tamén pode ser que lle importara un bledo a opinión dos veciños. De feito, o que suscribe a presente, ten escoitado de un dos concelláis, que por suposto lle baila a auga a Don Celso, que aquelo poñíase en Maside "Sí ou sí". 

Pois vai ser que non, Don Celso. A xente non lle é tonta e por sorte ten a posibilidade de informarse  e sacar as súas propias conclusións. Plantexar por parte do alcalde que o proxecto era de reciclaxe, ademáis de ser, como diría o fabuloso José Mota, un "mentirusco atao con piedra", coido que é un temerario intento de ningunear ós veciños.

Parece ser  que o máis doado para atraer empresas a un concello que non conta  PXOM consiste ofrecer  unha masa forestal, para aqueles proxectos que son rechazados alí onde se presentan.

Os xestores serios loitan por proxectos serios para o seu pobo, e non se ofrecen a empresas xeradoras de moitos máis perxuicios que postos de traballo. Vamos Don Celso, que o que non quere ninguén, non  o temos por que tragar en Maside anque sexa para maior gloria da alcaldía e todo o seu grupo de goberno.