VERGOÑA DO EQUIPO DE GOBERNO

26, Agosto 2023

Hoxe un novo lume puxo en risco a vida dos cidadáns do Carballiño (había menores na vivenda incendiada) e a xente debe saber a realidade do que ocorre neste municipio, o que se oculta e o que se minte.

O Concello do Carballiño conta dende fai moitos anos cun servizo profesional, remunerado e PROPIO que traballou en toda a comarca (Somos do Carballiño) apagando lumes, facendo rescates ou atendendo accidentes de tráfico. Hoxe, dende a creación do parque comarcal do Carballiño-Ribeiro, este servizo é menosprezado como esta publicación demostra e tratado coma simples axudantes. O servizo, que segue contando con persoal propio, remunerado e PROFESIONAL, é un parque de bombeiros exclusivo para o Carballiño, cando o parque comarcal pertence á Deputación de Ourense e atende nada menos que 23 concellos!!! (Coma A Peroxa ou Amoeiro).

Os bombeiros comarcais de toda Galicia están en folga e iso implica que moitas veces os parques, incluído o do Carballiño Ribeiro, estean con só un bombeir, ou dous ou pechados. Un problema para moitos concellos que quedan SEN servizo. A vila do Carballiño podería e debería estar tranquila, pois segue tendo bombeiros e bombeiras propias, que seguen atendendo as 24h os 365 días as emerxencias do concello.

Hoxe, había 1 bombeiro do parque comarcal, pero 2 BOMBEIROS do servizo municipal. Dúas persoas que La Región ningunea, pois nin as nomea, e que se xogaron a vida dentro desa vivenda. 2 bombeiros que o seu propio concello menospreza ao non nomealos no agradecemento principal e tratalos coma meros colaboradores "agradecendo tamén" os seus servizos. Sempre así, tanto a prensa coma o propio concello, tirando pedras aos seus propios traballadores/as.

Pero o máis grave non é isto. O máis grave é que este goberno inpeto e inoperante, ten a caradura de pedir melloras e solucións para un servizo que non lles é propio e, mentres, o seu Grupo de Emerxencias do Carballiño está sen persoal dende fai dous anos, sen un camión de primeira intervención avariado dende fai máis dun mes, sen traxes de incendios nin cascos adaptados á normativa e non caducados, cobrando coma mileuristas mentres se xogan a vida e en condicións completamente infrahumanas.

Non chega ter un servizo propio desleixado coma o teñen, senón que aínda por riba de que se xogan, nos xogamos a vida por este Concello, é tan miserable, que nos ningunean e nos seguen tratando de ineptos. 

Hoxe grazas a 1 bombeiro do parque comarcal do Carballiño-Ribeiro e a 2 bombeiros do Servizo municipal de emerxencias do Carballiño, non lamentamos danos persoais. O resto, falacias, mentiras, manipulacións e falta total e absoluta de vergoña.

Que se saiba, que os BOMBEIROS/AS DO CARBALLIÑO NON IMOS CALAR MÁIS.