Vese que as cabras tiran ao monte.

16, Xuño 2023

Vaia por diante que Eladio como persoa é un bo home, pero quero criticar a súa singladura política.

Pasa de ser o número dous PSdeG da provincia de Ourense pra fichar por Baltar junior. Cando rematan as eleccións esquéceno, e Baltar junior ni tan siquera o recibe (porque Roma non paga traidores).

Disfrázase dun partido galeguista chamado Compromiso por Galicia, e cando ten a oportunidade, volta a traicionar a Punxín, ao seu partido, e á súa propia traxectoria (non aprendeu nada da vida política) pra voltar á súa ansiada fonte o PP. Dende a peregrinaxe de Marco e o seu mono Amedio non se viu nada igual