Volta o peor pasado do Carballiño

18, Febreiro 2019

Somos moitos os que asistimos incrédulos ó que parece ser a volta de Pachi (directamente, ou vía persona interposta) á política municipal. Agora que a débeda do concello está liquidada, agora que hai un entendemento entre goberno e oposición para aprobar os presupostos e apoiar proxectos para o Carballiño diante da Xunta ou da Diputación, agora que parecía olvidada a política do "estás comigo ou contra min", agora que os problemas do concello xa non se enterran nun monte da Medela, pois agora é cando o señor Vázquez decide volver. E o ven de facer como está acostumado a facer, arrasando, polo de agora co PSdG do Carballiño. ¿Alguén pensa aínda que este partido lle importou o máis mínimo a Pachi?

Os mal pensados din que segue a buscar un paraugas baixo o que acubillarse ante os nubarróns que veñen por vía xudicial, outros din que volve para arranxar a complexa situación laboral dos que presuntamente foron por él e os seus cómplices enchufados no concello. En calquera caso, a súa situación e a lamentable capacidade que ten para asumir que os tempos pasados non sempre foron millores, téñeno convertido nunha mixtura entre o Jesús Gil e o Álvarez Cascos do Carballiño. Aínda que polo seu comportamento e o respecto que ten amosado polas decisións democráticas da militancia do PSOE, o verde do seu PACHI ALCALDE ben podería ser o verde de VOX. Por saber levar o bigote non vai a quedar.