Xestión subrogada

1, Abril 2023

O que se somete a avaliación nunhos comicios municipais é a xestión dos gobernos locais. O equipo de Fumega, unha vez acreditada a súa inpecia e apatía neste eido, pretende que mediante unha fascinación enganosa na que se implica a súa permanencia no goberno, e tamén ao goberno Sanchista, se esqueza a súa propia incompetencia.

O Dúo Dinámico que reverbera ata a saciedade este "Convenio" propagandístico pretende tomarnos por parvos. Tanto o goberno de Fumega como o de Sánchez atópanse en serios apuros tendo en conta que en breve a cidadanía vai avaliar as súas nefastas xestións. Andan en serios apuros. Dubido moito que vexamos a este señor tan disposto a firmar convenios cos concellos socialistas máis alá das eleccións xerais. Porque sería substituido por outro señor.

En política casi todo é válido. Entendo que os apuros que están a pasar os Tito Berni, e Cía. propicien  a venda de fume. Pero non é comprensible nin aceptable que Fumega venda fume cando tivo catro anos pra aproveitarse dunha situación máis ventaxosa dos Tito Berni e Cía. de xeito que este proxecto xa podería ser unha realidade e non unha proxección probablemente quimérica, chapuceira, e meramente electoralista (como xa fixeron os de Maside aproveitando os bos tempos de Sanchinflas).

Non se pode subrogar a xestión municipal ao futuro incerto do goberno Frankenstein. Non se pode subrogar o futuro do Carballiño ao futuro de Sánchez. Cando menos é unha irresponsabilidade.