A xogada de Lino

19, Xullo 2023

Agora resulta que cando lle propuxeron o Sr. Lino ser candidato xa sabían que había incompatibilidades co seu traballo na banca. Pese a todo este Sr. aceptou e tirou para diante. Agora di na televisión local que está tramitando e agardando a que se resolva a excedencia do seu posto. Vamos a ver, quen é tolo que renuncia a un soldo de director de banco (o seu soldo andará tranquilamente cerca dos 45.000 euros), e en excedencia non se cobra un euro. Levaron o chasco de que escolleron a alcaldesa de Boborás como representante da comarca na Deputación. Agora con Baltar fora tamén se torcen as cousas para tratar de conseguir o único posto de Coordinador do Partido (o soldo anda máis ou menos en 43.000 euros),  2 postos de asesor do Partido (o soldo anda máis ou menos en 40.000 euros) ou un dos 3 postos de administrativos do Partido (no que o soldo é de cerca de 30.000 euros). Todos eles con cargo o presuposto da Deputación de Ourense.

En breve, saberemos que posto é capaz de conseguir o Sr. Lino, porque se me equivoco será a primeira persoa que coñezo que renuncia o seu traballo e polo tanto o soldo que lle corresponda por defender os intereses dos cidadáns a cambio de nada. Porque o que se cobra por asistir os plenos é o que é.

Se me equivoco e non consegue ningún dos postos dos que falo, que alguén me explique a xogada que fixo o Sr. Lino e en que estaba pensando, porque non se entende.

O novo presidente é máis afín a Rueda e Feijóo do que era Baltar. E tendo tan preto as elección autonómicas non creo que anden con historias. E todos sabemos que Argimiro e polo tanto Lino eran de Baltar. As cousas torcéronse co da multa, e agora os cargos a dedo non están tan claros. 

Non se descarta a renuncia de Lino se non consegue un posto remunerado, é normal, antes tiña un traballo ben remunerado do que vivir coma calquer cidadán e agora non pode  ser concelleiro o mesmo tempo que director de Banco sen cobrar prácticamente nada.