Xurado de homes para un premio sempre para homes

7, Decembro 2018

Tras comentar durante toda a semana os premios Arenteira, resulta que non a pouca xente  lle pasou desapercibida a carencia de mulleres. O acto vese fabuloso, cheo de pompa, con  gran ceremoniosidade,  con canto coral, gaitas e himnos, solo lle faltan as reverencias para parecer de hai varios séculos.

Todo eso estaría moi ben como iniciativa para xerar unha tradición que manteña ó seu tempo as tradicións, valga a redundancia. Se non fora porque tamén no fondo da cuestón,  parece de hai varios séculos, ó ignorar a existencia de mulleres válidas e históricas neste pobo.

Un acto promovido por homes, con un xurado de homes, que galardona a homes, sí tamén o ano pasado, e no 2016 e no 2015 e no 2014 e no 2013. Tristemente non se lle deu a ningunha muller. Sexa quizá porque no xurado tampouco as hai? Así tamén podemos ver a escases de elas no público e chamativamente  a presencia levada a mínima expresión nas primeiras filas.

Non vou a calificar nin descalificar este feito, pero en  pleno siglo XXI esto rechina moito. Parece un xeito de facer invisibles ás mulleres de este pobo como se non existiran en todos os ambitos da vida pública e social. Claro que os creadores da ceremonia saberan das casualidades ou intencionalidades.