A nova Xunta de Galicia
O 18 de decembro do ano pasado entreguei toda a documentación para ser
valorado da minusvalía que padezo, polos servizos da Consellería de
Igualdade e Benestar, hoxe Consellería de Traballo e Benestar, da provincia
de Ourense, sen que ata o día de hoxe recibise comunicación algunha nin de
que se iniciase o expediente, nin fun chamado para facer a valoración
correspondente polos inspectores da dita Consellería, e non vaía a pensar,
que o meu caso non é grave, que si o é: padezo cancro de colón, e
posiblemente cando me avisen xa estarei enterrado, se as cousas seguen coma
de ata de agora e iso que se nós prometeu polo Partido Popular que os
enfermos de cancro íamos a ter prioridade. Vaía por Dios, e vou eu e cremo,
coma se fóramos parvos. Señores inspectores da consellería de Traballo e
Benestar, como poden durmir vostedes tranquilos, cando saltan a listaxe coma
se fose unha cousa normal. Ou é que non se lles presentou un expediente
igualiño ó meu no mes de agosto (vacacións) e no mes de outubro xa estaba
resolto, coa súa incapacidade recoñecida. Vaia que é de xulgado de garda.