Un concello sen alcalde
Un concello sen alcalde. Esta é a sensación que temos os veciños de
Piñor. Antes a moitos molestábanos que nos chamasen Piñor de Cea, pero
como continúe moito tempo esta personaxe de "alcalde" o que teremos e que
fusionarnos cos de Cea. Ao tanatorio hai que ir a Cea, ao fútbol hai que ir
a Cea, ao pavillón hai que ir a Cea, ás piscinas hai que ir a Cea, as
empresas están en Piñor pero o polígono estase facendo en Cea, en fín,
non sigo que me abergoño a min mesmo. E por enriba o Sr. Fraga custanos
1500€ ó mes, un escándalo.