Deficiente transporte público entre O Carballiño e Ourense
Paréceme que o servizo actual de Monbus e de Renfe ademais de caro é
claramente insuficiente e obsoleto (os autobuses seguen indo pola carretera
nacional en lugar de pola autovía). O número e horario das frecuencias
actuais non atende para nada an necesidades da xente da nosa vila. E para os
que din que non hai demando dicirlles que é totalmente falso. Hay un volumen
importante de xente entre estudiantes, personas maiores que van ao hospital e
algún traballador do comercio, ademais dos que van por ocio as tardes da fin
de semana. A demanda é claramente suficiente. A cuestión é por qué os
nosos gobernantes non miran por este servizo tan preciso? Aquí todos son
AVEs e as cercanías son o que da vida ás vilas.