20 bicicletas de uso gratuíto para favorecer a "mobilidade sostible" na vila carballiñesa
A Concelleira de medio ambiente, Mª José Pérez
Cun orzamento de dez mil euros, a concellería de medio ambiente do concello carballiñés pon en marcha a partir da vindeira semana un novo servizo municipal de préstamo de bicicletas, coa idea de fomentar o seu uso como "medio de transporte non contaminate", como salientou a concelleira María José Pérez. En total serán 20 bicicletas, das que 12 serán para o seu uso por adultos e 8 estarán a disposición dos cativos, e de forma gratuíta. De maneira simultánea a creación deste servizo de préstamo, o Concello do Carballiño procederá a instalación de aparcabicis, que se ubicarán na piscifactoría, no parque muncipal, o campimg, a alameda, a casa da cultura e o Concello, no polideportivo Paco Chao e as piscinas, no auditorio e finalmente, nos dous institutos de ensinanza secundaria do Carballiño.Outro dos obxetivos que pretende este programa do "fomento da mobilidade sostible" é mellorar ás condicións do tráfico nas rúas carballiñesas, xa que favorecendo o uso da bicicleta pretendese que descenda o hábito de desplazarse en automóbil no ámbito urbano, e desta maneira tamén mellorará a fluidez do tráfico nas rúas carballiñesas. Alomenos ésta é a idea na que fai unhos dias atrás incidía o concelleiro de tráfico, José Antonio Barge.