Agustín Hernández critica "a pouca implicación do Concello " coa construcción da autoestrada, e insta os responsables municipais a que completen o expediente da praza da Veracruz
O Conselleiro de medio ambiente, territorio e infraestructuras instou ó Concello do Carballiño para que poña a disposición da Xunta os terreos nos que deberá acometerse o proxecto, asi como garantir a viabilidade urbanística conforme o PXOM na actualidade en vigor no Carballiño, e será entón cando a Consellería proceda a licitación da obra de construcción da praza da Veracruz, xa que sen estos requisitos previos por parte do Concello Carballñés non pode avanzarse no proxecto. Agustín Hernández tamén manifestou que unha vez superados estos trámites que o Concello do Carballiño tén aínda pendientes a dia de hoxe, a viabilidade económica do proxecto está asegurada por parte da Consellería, aínda que tamén recoñeceu que tendo en conta o avanzado que está xa o ano será difícil que a obra poida adxudicarse durante o 2009.
Estas acalraciós por parte do Conselleiro, foron feitas no transcurso dun acto público organizado polo partido popular do Carballiño na casa da cultura, a última hora deste pasado martes. Noutro momento da súa intervención, Hernández referíuse o gran cámbeo que para O Carballiño vai supoñer a apetura do acceso directo coa autoestrada de Santiago-Ourense, aínda que lamentou a "pouca implicación con este proxecto por parte do Concello do Carballiño". Tras unha petición do Presidente da Asociación de Comerciantes e empresario do Carballiño, o consellleiro comprometeuse a inmediata instalación de paneis e sinais informativas co nome do Carballiño no enlace da autovia de Vigo con esta nova autoestrada de Santiago. E finalmente, repasou outras actuacións do seu departamento no Carballiño, en materia de promoción de solo industrial, medio ambiente e vivenda, e o proxecto de implantación do transporte metropólitano, do que tamén se beneficiarán nun futuro O Carballiño.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Agustín Hernández Conselleiro de medio ambiente